martes, junio 28, 2005

¿Que vai ser da Real Banda de Gaitas de Ourense?

Decátome agora de cousas ben curiosas:

1. O exército de gaitas faldeiras* de Fraga, ¿a onde irán parar?
2. ¿Irá Fraga co cortello de gaitas a facer oposición?
3. ¿Entrarán todos xuntos no Toñi Vicente?
4. ¿Soarán os roncones todos, cada vez que abra a gran boca -ou bocaza- no estrado, en vez dos aplausos de Cuiña (e os de Paco, pero sempre por despiste, non quixera dicir outra cousa)?
5. ¿Que relación ten o das gaitas con que Fraga perdera xusto o día do Orgullo Gay?
6. ¿Existe a palabra gay en galego, por certo, ou haberíamos de escribir gai?
7. ¿E os incendios estivales? ¿Se non hai que sople, non haberá quen propague?
8. Voltando ós gais: se houbese relación entre o do día do Orgullo con que perdese Fraga, e a suposta concordancia entre Fraga e a diáspora da xuventude galega fose certa... ¿quere dicir que todos os que andamos fóra, traballando ou non, somos homosexuais?
9. ¿Haberá máis troitas agora nos ríos, de maneira que os pescadores de Porto do Son ou Muxía podan mudarse para o interior?
10. E finalmente, ¿alguén sabe que opina Franco de todo isto?

*se dixera "saieiras" non me entenderíades, ¿non si?

1 cosas que no pueden esperar...

At 12:53 a. m., Blogger Accidente me confesó que...

Pois supoño que reconvertirse, que de tocar unha vez ao ano na romería de Monte Faro non se vive.

De paso, non estaría mal que escomezaran a utilizar traxes e gaitas galegas, non as escocesas que adoitan.

Persoalmente estou máis preocupado polo futuro da charanga de Baltar, ese fino trombonista.

Primerira reclamación cultural para o novo goberno: recuperar a regueifa e venderlla á mocidade como unha versión galega e rural do rap.

Xx

 

Publicar un comentario

<< Home


Web stats