lunes, junio 20, 2005

Aínda é un adverbio temporal galego.

Ó Celta enviámolo a primeira e a Fraga case ó burato. Todo dunha tacada. O que non faga a xente, filliños, nin o mesmésemo Mahoma. Onte démonos de conta deste principio “natural”, que por lindo que soa, desprezámolo no montón das parvadas de serie ianki. E sí, o forte do asunto é que ¡é verdade! Catro gatos son mellor ca dous. E tamén acordamos que pouco a pouco (a paciencia é tamén unha virtude), imos vendo como co tempo, as cousas voltan ó seu cauce natural.
Porque o que acontece en Galiza con Fraga, sinto dicilo, é antinatural. O meu pobo é raro de carallo. Aínda continúan a dicir que temos mellor carreteras e hospitais que antes. Antes é unha referencia temporal, para quen non o saiba, que significa “antes da democracia”. É dicir, coa dictadura. E eu a dicirlles que manda truco, só fodería que no século vintaeún aínda fósemos en carro de bois. Pero a eles, élles igual. Con iso teñen bastante. E non falemos de cambiar, non vaia se-lo demo que voltemos a postguerra, co mal co pasaron todos, cos merdas dos fascistas… E nesas andamos. Convencendo ós vellos, dende o noso exilio en Barcelona, Madrid ou Nova Iorque, que o que non é normal é que, listos coma somos, estemos aínda con estas caralladas da emigración. Convencéndolles de que o mérito de que agora vivamos un pouquiño mellor que hai vinte anos é só noso, dos galegos de a pé, traballadores, cos pés na terra, sen fantasmadas e con bós propósitos. Convencéndolles de que don Manuel só comparte con eles esa pila de anos que non lle deixan xa abrir ben os ollos, pero que polo demáis é o mesmo diaño que fodeunos para que este pobo servise como escravos, bós e caladiños, a un estado que non deu por eles nin un pataco. Pois sí, aínda andamos nesas.

0 cosas que no pueden esperar...

Publicar un comentario

<< Home


Web stats